DONAS, NO ESPELLO DA LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega). Unha guía de GÁLIX.

Publicado por GÁLIX | 17.6.21 Deixa un comentario

Donas no espello da LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega) é unha guía elaborada por GÁLIX que estará accesible e descargable neste BLOG e no Pínterest da asociación, para que poida ser utilizada polas persoas que exercen o labor de mediación lectora; contamos tamén cun número de exemplares impresos que están a disposición das entidades que a soliciten ata rematar existencias.

Con este traballo GÁLIX quere responder á demanda dunha selección de libros nos que as rapazas poidan lerse, é dicir, atopar modelos de mulleres cos que identificarse máis alá dos convencionais que nos foron achegados pola tradición. Non deberían ser necesarios, certo, pero a realidade amosa que aínda o son.

Pero esta guía detense naqueles personaxes que rachan cos estereotipos e os roles de xénero de forma contundente, interesándonos na diversidade en todos os seus aspectos, noutra maneira de contar a Historia e as historias, porque se pode vivir doutro xeito e contalo doutra maneira.

Seleccionamos libros de calidade que permitan á rapazada mirarse, recoñecerse e atopar un estímulo para avanzar na consecución dos obxectivos da igualdade.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]