Como
parte das Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI, contactamos con
persoas relacionadas
profesionalmente co mundo do libro infantil e xuvenil para obter e compartir unha visión o máis ampla e completa posible da situación da tradución do libro infantil e xuvenil.
Laura Rodríguez Herrera, licenciada en Dereito e Empresariais e filla do fundador da editorial é a actual directora de Hércules Edicións, a empresa fundada en 1985 por Francisco Rodríguez Igrexas coa vontade de promover a cultura galega do mundo editorial.
Dende que ocupou o cargo, en 2009, a editorial diversificou e ampliou o seu catálogo con coleccións dirixidas ao lectorado infantil e xuvenil:
- Os Imperdibles de Hércules, selección de obras da Literatura infantil e xuvenil universal, tanto en forma de adaptacións de clásicos, como de traducións.
- As Amizades de Hércules, unha colección de biografías noveladas.
- Novas lecturas de Hércules, unha colección de álbums ilustrados e libros destinados ao público infantil e xuvenil
- Preparados, listos, … Xa!, colección de libros e álbums ilustrados infantís e xuvenís sobre temas de actualidade.
- Coloreando unha colección de libros ilustrados sobre cidades do mundo.
0 comentarios:
[Comentario blog]