XXII edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Publicado por GÁLIX | 27.4.21 Deixa un comentario

 


Este pasado venres, 23 de abril, Día Mundial do Libro e os Dereitos de Autoría, inaugurouse a XXII edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que este ano ten como lema: Emerxencia Literaria: os libros salvan o planeta

Por mor das restricións que impón o COVID-19, as actividades este ano van ter un aforo moi reducido. Para adaptarse á situación e facilitar a participación, o Salón ocupará distintos espazos da cidade e as parroquias. Contará cun espazo fixo ao aire libre na Illa do Covo, coa posibilidade de recorrer ao Pazo da Cultura se as condicións climáticas o aconsellan, e haberá tamén unha furgoneta “Rodalibros” que levará actividades ás parroquias dende o 23 de abril ao 9 de maio.

Como en anos anteriores, GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) participa e colabora preparando unha bibliografía sobre a temática desta edición, para que poidan consultala as persoas interesadas, preferentemente profesorado.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]