Durante este ano 2021 exposición O CASTRO, tamén na orixe da LIXG, organizada por GÁLIX, co patrocinio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Santiago e a biblioteca Afundación de Santiago, para conmemorar o centenario de Isaac Díaz Pardo, percorrerá os barrios de Santiago para facilitar que todos os veciños e veciñas de Compostela se acheguen á figura de Isaac Díaz Pardo e ao labor da editorial O Castro en relación á literatura infantil e xuvenil galega.
- Abril, centro sociocultural de Fontiñas.
- Maio, centro cívico O Romaño-Vista Alegre.
- Xuño, centro sociocultural Santa Marta.
- Xullo, centro sociocultural O Ensanche.
- Setembro, centro sociocultural O Castiñeiriño.
- Outubro, centro sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo.
- Novembro, centro sociocultural Jose Saramago de Vite.
0 comentarios:
[Comentario blog]