Recomendamos: Antía e Daren. O misterio dos torques roubados de Valentín Alvite.
"Antía e Daren. O misterio dos torques roubados" é unha novela prepandémica cargada de retranca que desprega enerxía positiva e simpatía dende as primeiras liñas, de tal xeito que establece un código de empatía que axiña conecta co lectorado. Tiven a oportunidade de gozala como xurado do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2019,
O libro encantoume e recomendo a súa lectura a quen desexe esquecer que un virus aciago nos impide relacionarnos de forma natural, mais co convencemento de que sempre hai un libro amigo que ten o poder de enchernos de alborozo. Debo agradecer a Valentín Alvite, autor do texto, e tamén a Miguel Porto, autor das acaídas ilustracións, que conseguisen debuxar nos meus beizos un sorriso que se mantivo presente no meu ánimo ata moito despois de pechar a última páxina.
An Alfaya
______________________________
GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.
0 comentarios:
[Comentario blog]