Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil, a xornada que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen o día 2 de abril, o IBBY (International Board On Books For Young People) publica a nivel internacional unha mensaxe e un cartel que no ano 2021 correspondeu á sección de Estados Unidos de Norteamérica. O ilustrador brasileiro Roger Mello e a escritora de orixe cubano Margarita Engle recibiron o encargo, da sección estadounidense do IBBY, de poñer a imaxe e as palabras da celebración.
As seccións que forman a OEPLI, entre as que GÁLIX representa ao ámbito lingüístico galego, decidiron realizar un vídeo conxunto coa participación de persoas de diferentes idades e sectores e da Directora Xeral do Libro e Fomento da Lectura. A representación galega está formada por Cibrán García, membro da banda de trap Boyanka Kostova e Paula Cañas Freire, gañadora, na categoría de Lectorado inicial, do concurso do Día Internacional do Libro Infantil (DILI) do ano 2020, "Un poema na túa voz".
0 comentarios:
[Comentario blog]