David Pintor, A Coruña, 1975.
Ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor.
Socio nº 317 de GÁLIX
É o ilustrador do dúo de humoristas gráficos galego Pinto & Chinto.
Colabora en múltiples ámbitos relacionados co deseño, a moda ou a publicidade.
Como ilustrador e autor de literatura infantil leva publicado numerosos libros e recibido moitos premios:
- Premio Curuxa do Humor en 2007, outorgado polo Museo do Humor de Fene.
- Premio literario Frei Martín Sarmiento en 2007, por O pequeno da familia fantasma.
- Premio Haxtur ao humor en 2008, no Festival de cómic de Gijón.
- Premiado no VIII Concurso de humor gráfico de Baracaldo en 2008.
- Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración en 2009, por Encontros ás agachadas.
- Finalista no Certame Internacional de Humor Gráfico Portocartoon en 2009.
- Premiado co Grand Prix International na Bienal de Cadernos de viaxe Clermont Ferrand 2009, por Ciudades de papel.
- Seleccionado en 2007, 2010, 2011 e 2013 para a mostra de ilustración da Feira de Boloña.
- Seleccionado en 2009, 2011, 2013 e 2015 para a Bienal de Ilustración de Bratislava.
- Finalista nos CJ Picture book awards de 2011, por Compostela.
- Premio especial no Festival Nami Island International Illustration Concours de 2013 e 2015.
- Seleccionado na listaxe White Ravens no 2009, 2011 e 2014.
- Premio "L´illustratore dell´anno 2011" convocado por Città del sole.
- Seleccionado no Salão de Humor de Piracicaba en 2010 e 2011.
- 2º Premio Ilustración da Feira do libro infantil de Sharjah en 2012.
- Premio Mingote 2013.
- Premiado no Salón da Caricatura de Vila Real.
- Premio especial do xurado no premio Andersen 2015 por La piccola grande guerra.
ACCESO AO PDF |
Eu cheguei á LIX dende o humor gráfico por curiosidade e descubrín un espazo moi interesante onde había posibilidades de experimentar a nivel visual e de expresarme como artista.
Ti es o socio número 317. Por que te asociaches a GALIX e continúas apoiando este proxecto?
Asocieime no seu momento porque pensaba que se o feito de que os ilustradores estivesemos representados nunha asociación coma esta serviría para que o noso traballo fose máis valorado dentro da LIX en Galicia
Que ou quen che axudou a achegarte á LIX galega?
Eu cheguei á LIX dende o humor gráfico por curiosidade e descubrín un espazo moi interesante onde había posibilidades de experimentar a nivel visual e de expresarme como artista.
Que libro marcou a túa infancia ou a túa mocidade?
Eu, como moitos ilustradores da miña xeración, accedimos á LIX a través dos cómics, pero se teño que elixir un libro podería ser os de Pippi Långstrump. Tódolos nenos soñábamos con ser Pippi, e eu aínda hoxe sigo queréndoo.
Un libro de literatura infantil ou xuvenil galego que consideres imprescindible?
Jacobo Fernández Serrano é unha das mellores cousas que lle pasaron á LIX galega nos últimos anos. Sinto debilidade por todo o que fai, pero os seus libros de Marco Pola son auténticas xoias.
Con que personaxe da nosa LIX te sentes máis identificado?
Con Archimboldo Roque.
Hai moitas cousas por facer, encamiñadas principalmente a que os autores se sintan valorados aquí e non teñan que emigrar.
A que ilustradora ou ilustrador galego escollerías para poñer imaxes aos teus soños ?
Sinala a maior fortaleza e a maior debilidade do libro infantil e xuvenil galego.
A maior fortaleza podería ser a da calidade dos autores (escritores e ilustradores) e a maior debilidade podería ser a de non coidar a todos eses autores.
Dende que ti te vinculaches ao LIXG ata a actualidade, que cambios destacarías na súa evolución
Aumentaron o número de editoriais e a calidade en xeral das edicións, pero os problemas de fondo seguen a ser os mesmos. O sistema editorial galego segue tendo problemas estruturais silenciados que impiden o seu desenvolvemento
Cal consideras que é o grao de coñecemento e respecto pola LIX galega?
Esta é unha pregunta moi difícil de contestar sen ser inxusto. Hai de todo. Podo dicir que nos máis de 30 anos que levo como ilustrador de LIX encontreime xente marabillosa que valora enormemente o noso traballo pero tamén a xente que o despreza sen ningún tipo de vergonza.
Apunta un par de iniciativas necesarias para promover a lectura de libros infantís e xuvenís galegos e para conseguir unha maior proxección fóra de Galicia.
Hai moitas cousas por facer, encamiñadas principalmente a que os autores se sintan valorados aquí e non teñan que emigrar. Por exemplo:
- Análise do papel dos concursos literarios en Galicia en especial atención á composición dos xurados e redacción das bases.
- Replantexamento de congresos, mesas redondas, salóns, xornadas, etc…para romper a homoxénea visión que sae de todas estas actividades. Hai que abrir portas a novas visións que enriquezan o debate no sector de cara a revisar dunha maneira honesta a historia da literatura galega dos últimos anos.
- Transparencia e debate acerca das axudas publicas ao sector literario galego.
- Potenciación dos autores profesionais como principal piar da literatura galega.
- Creación dunha oficina pública de defensa do autor a nivel legal.
- Instauración a nivel editorial dun contrato marco que evite cláusulas ilegais ou abusivas.
0 comentarios:
[Comentario blog]