Premios Manuel María e Barriga Verde 2024

Publicado por GÁLIX | 18.11.24 Deixa un comentario

 

Co fin de incentivar a creación literaria no eido teatral, cada dous anos a Xunta da Galicia convoca dous premios de literatura dramática dirixidos ao público infantoxuvenil: o Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques.

Carlos Labraña resultou gañador da edición XIII do premio Manuel María de literatura dramática infantil con O carteiro de Ximaraos. E, neste mesmo ano obtivo o premio de teatro de monicreques para público adulto.

O XVI Barriga Verde na modalidade de textos para público infantil foi outorgado a Andrea Cid Freire por Manchea.

Novas na rede:


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]