Rescate en audio 1. Vaia tropa.

Publicado por GÁLIX | 28.11.24 Deixa un comentario

 

Iniciamos hoxe a publicación da sección Rescate en audio, un novo proxecto no que as nosas socias e socios teñen a oportunidade de rescatar aqueles libros que dalgún xeito deixaron pouso e marcaron o camiño do que é a LIXG de ficción e non ficción actual.


Miguel A. Alonso Diz
rescata neste primeiro episodio Vaia tropa de Antón Cortizas un libro de poesía do absurdo, pensado para ser lido de formas diversas: de fronte, de esguello ou no espello. 

Como solicitábamos é unha obra con máis de tres anos, publicada no 2011 por Edicións Xerais de Galicia e que ten unha gran relevancia no acervo literario galego.

 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]