O Concello da Pobra do Caramiñal e a Editorial Galaxia, en colaboración coa asociación Barbantia veñen de convocar o VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro creado no 2018 como medio de promoción para autores e autoras de literatura infantil en lingua galega, e como homenaxe ao escritor veciño deste concello.
Para orixinais inéditos en galego normativo.
Dirixidos a lectorado de 8 a 12 anos.
As obras poderán presentarse en papel ou en formato dixital ou no enderezo electrónico premioliterario.cultura@apobra.gal.
O prazo de recepción de obras remata o 1 de novembro de 2024.
O premio ten unha dotación económica de 3000 €
A obra gañadora será publicada na colección Árbore da Editorial Galaxia.
0 comentarios:
[Comentario blog]