Primeira edición do Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil

Publicado por GÁLIX | 10.9.24 Deixa un comentario

A Fundación Xosé Neira Vilas coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia convoca a 1ª edición do PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS DE NOVELA XUVENIL, cos obxectivos de : 

 

 

  • Estimular a creación literaria.
  • Fomentar a lectura en lingua galega.
  • Proporcionar ao público xuvenil obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación.

 

 
 
 
 

A este premio poderán presentarse:

  • Obras inéditas

  • Escritas en galego normativo.

  • Dirixidas ao lectorado xuvenil.

  • Cunha extensión entre 150.000 caracteres e 300.000 caracteres.

  • O premio ten unha dotación de 6.000€.

  • O prazo de presentación remata o 3 de novembro de 2024.

  • A obra gañadora será publicada pola Editorial Galaxia, na súa colección Costa Oeste, en formato papel e tamén en formato dixital.

ACCESO ÁS BASES:

https://neiravilas.gal/index.php/gl/premios/premio-neira-vilas-de-literatura-xuvenil

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]