Antón Cortizas recibe o Premio Arume de Poesía para a Infancia.

Publicado por GÁLIX | 16.12.22 Deixa un comentario

A obra Os versos da mariola, de Antón Cortizas, resultou gañadora no Premio Arume de Poesía para a Infancia da Fundación Neira Vilas.


 O
xurado, composto por Xosé Antonio Perozo, Presidente de GALIX, Rosalía Morlán, Secretaria da Fundación Neira Vilas e Pilar Sampedro, experta en literatura infantil e xuvenil e vicepresidenta de GÁLIX, valorou na obra de Cortizas reivindicación do xogo tradicional a través da poesía, unha sorte de brincadeira coa palabra poética como vehículo para achegarse a un encontro entre a rapazada, máis alá da tecnoloxía ou as pantallas

O autor premiado nesta edición do Premio Arume é un escritor que conta cunha ampla e sólida traxectoria dentro da literatura en galego para o lectorado máis novo e tamén como investigador do eido da cultura e os xogos populares.

Este venres, 16 de decembro, no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, terá lugar o acto de entrega do Premio Arume 2022 coa presencia de Pedro González Boquete, representando a Deleite, Xosé Antonio Perozo, presidente de GÁLIX e Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística. Na mesma xornada farase a presentación dos libros gañadores na anterior edición do certame, coa presencia dos seus autores

A Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX, suman esforzos para manter vivo o certame literario creado hai vinte ano por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil. 

O premio conta co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa calidade do seu produto, mais tamén coa lingua e coa cultura.

 

 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]