Está aberta a inscrición no Seminario IBBY -Iberoamericano do libro infantil e xuvenil, unha actividade de encontro dixital para coñecer e compartir proxectos e experiencias a respecto de cinco interesantes eixos temáticos:
- Creadores
- Industria editorial
- Fomento da lectura
- Mediación
- As nosas linguas
Contaremos coa colaboración de persoas tan expertas como: Ana María Machado; H.E. Sheikha Bodour Al Qasimi, presidenta da Unión Internacional de Editores; Elena Pasoli, directora da Feria de Bologna; Michèle Petit; Jordi Sierra i Fabra ou María Teresa Andruetto.
Inscríbete no Seminario nesta ligazón e participa neste encontro con persoas interesadas na literatura infantil e xuvenil dende os eidos da creación escrita e da ilustración, da edición e da mediación: docentes, bibliotecas e familias.
0 comentarios:
[Comentario blog]