David Pintor, autor e ilustrador de Literatura Infantil e Xuvenil e gañador de premios internacionais foi o artista escollido para ilustrar o filme Valentina, premio Goya á mellor película de animación.
Valentina, con guión, produción e dirección de Chelo Loureiro é unha película, feita en Galicia e en galego, que conta a historia dunha nena con síndrome de Down que soña con ser trapecista de circo.
Na súa aventura a protagonista viaxa por unha Galicia recoñecible, fermosamente retratada por Pintor.
A obra ten o obxectivo de visibilizar e dar normalidade ás persoas con diversidade funcional. Para documentarse a autora traballou con diversas asociacións e son nenas con síndrome de Down as que deron vida e voz á protagonista, tanto en galego como en castelán.
0 comentarios:
[Comentario blog]