GÁLIX leva ao CULTURGAL a guía de lecturas: DONAS NO ESPELLO DA LIXG

Publicado por GÁLIX | 24.11.21 Deixa un comentario

 O CULTURGAL, a Feira de Industrias Culturais de Galicia, abre este ano a súa XIV edición en Pontevedra baixo o lema: A cultura que toca.

E GÁLIX estará alí representando ao libro infantil e xuvenil en galego. Todas as persoas interesadas estades convidadas a compartir connosco este acto.


Este sábado, 27 de novembro de 2021 ás 11:30 da mañá, Pilar Sampedro, Vicepresidenta 2ª de GÁLIX e coordinadora da guía "Donas no espello da LIXG", presentará no Espazo Libro a nosa asociación e esta obra que recolle unha selección de libros de calidade, en galego, para o lectorado infantil e xuvenil co obxectivo de avanzar cara a igualdade.

Repartiremos exemplares impresos da guía ata rematar existencias. Está tamén aberta e descargable na rede, no noso blog e no noso Pínterest



Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]