Deixounos Darío Xohán Cabana, escritor, poeta, tradutor de Dumas, Dante e Petrarca, recreador do ciclo artúrico en Galicia.
Amigo.
PALABRAS (urxentes) PARA DARÍO
Había un tempo
no que a sementeira non podía agromar
na terra sedenta de palabras
e había un mozo ferido pola traizón
chamando ás portas do futuro.
Abride, amigos, abride,
que vou co peito desfeito
e o corazón enchido de forza e esperanza!
Había unha vez un poeta
de ollar limpo, camiñar pausado, palabras exactas
e prosa profunda petando na porta do compromiso.
Pasa, amigo, pasa,
a terra é dos homes valentes
e dos versos coma espadas!
Mira os campos do tempo,
velaí a sementeira florecida, amigo,
o mal pasado esquecido, poeta,
o camiño feito, escritor,
a razón de vivir cumprida.
© Xosé A. Perozo
No día do pasamento
de Darío Xohán Cabana, amigo.
Novembro do 21
A súa ampla produción literaria conta tamén con obra dirixida ao lectorado infantil e xuvenil como autor e como tradutor.
0 comentarios:
[Comentario blog]