A Xanela de GÁLIX. Xan López Domínguez

Publicado por GÁLIX | 15.11.21 Deixa un comentario


XAN LÓPEZ DOMÍNGUEZ

é ilustrador, escritor e deseñador.

Naceu en Lugo ao final do ano 1957 e estudou Historia da Arte en Santiago de Compostela.

Iniciou a súa carreira como ilustrador coa súa participación na revista Xofre. Colaborou tamén en Can sen dono, Cine e historieta galega, A banda do 17, BD Banda e Golfiño.

Fixéronse exposicións da súa obra en Barcelona, Boloña, Londres, Madrid, Munich, Roma e Tokio.

É un dos ilustradores con maior proxección internacional con  máis de trescentos libros publicados en editoriais de dezaséis países. Con outros ilustradores coeditou unha obra gráfica para UNICEF. Recibiu numerosos e importantes galardóns polo seu labor:

Lista de Honra do IBBY en 1992 con Voces na Lagoa do Espantallo.

Ilustrador do ano 1994 na Feira de Boloña,

Placa da Bienal de Bratislava (1991),

Premio Malba Tahon da Federação Brasileira do Livro Infantil e Juvenil (IBBY) (1994),

Lista de White Ravens da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich.

Seleccionado oficialmente pola sección española de IBBY como candidato ao Premio Astrid Lindgren 2008 e ao Premio Andersen 2010.

 

Como escritor as súas obras foron traducidas a trece idiomas. O seu libro Voces na Lagoa do Espantallo, publicado por Galaxia, foi considerado entre os cen mellores libros do século XX pola Fundación Germán Sánchez Rupérez

ACCESO


 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]