A Xanela de GÁLIX. Concha Blanco

Publicado por GÁLIX | 15.10.21 Deixa un comentario

 

Concha Blanco naceu na fermosa vila de Lires, estudou alí na escola, onde comezou a súa biblioteca cun agasallo da súa mestra; logo continuou a súa formación en Ferrol e Compostela.

Profesora de Lingua Galega e Literatura (xubilada) e tamén escritora.

É coordinadora e coautora de varios libros de texto de Primaria e de Secundaria e das correspondentes "Guías Didácticas". 

 Foi correspondente de prensa varios anos e colaboradora, co seu alumnado, en programas de radio.

Impartiu e coordinou cursos de Lingua Galega, proxectos de Formación do Profesorado, Xornadas de N. L. e obradoiros literarios. 

Publicou máis de 50 títulos de narrativa, poesía e teatro, a maioría dirixidos ao mundo infantil e xuvenil, entre os que a autora mencionou: 

A vaca titiriteira

A camioneta da media risa.

A disco ecoloxista

O aniversario de Ana

Boris 

Boris e compañía

A bruxiña da sorte 

Quero que veñan meus pais

Cos ollos do avó 

Macedonia de versos

  

 

Tamén conta con 5 novelas para adultos:

Nano

Berta

Habitación 202

Coa carauta posta

O balcón do meu universo

Foi premiada en diversos certames de narrativa e poesía: Premio Lecturas, Premio Novela por entregas La Voz de Galicia, Premio Frei Sarmiento en dúas ocasións, Premio Arume de poesía, Premio Pura e Dora Vázquez, Anduriña voandeira e finalista do Premio Lazarillo, Frei Martín Sarmiento en varias ocasión e en varias ocasións tamén finalista do Premio Merlín, entre outros.

No ano 2021 o Concello de Cee dedicoulle unha praza e Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) decidiu dedicarlle a ela o distintivo «Escritores na súa terra» do ano 2021. Na homenaxe conxunta á autora descubriuse un monólito conmemorativo e plantouse un pradairo, árbore escollida pola homenaxeada polo significado especial que para ela ten. 

ACCESO

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]