V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

Publicado por GÁLIX | 28.10.21 Deixa un comentario

 O escritor lucense Lois Pérez é o gañador do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia como homenaxe ao escritor.

 

 

A obra gañadora A gruta da torre é, a xuizo do xurado, unha historia de formación protagonizada por un grupo diverso de rapaces e rapazas que emprenden unha viaxe de descuberta seguindo o fío das viaxes nos libros e na memoria, feito que salienta o xurado formado por Iria Misa, Manuel Bragado e Xosé Lastra Muruais que valora tamén que estea escrita con mestría, empregando diversos recursos e rexistros, a novela mantén un pulso narrativo que non decae.

 


Lois Pérez -mestre, contador de historias e cronista de rock- publicou poesía e teatro, colaborou co grupo de teatro Pinchacarneiro, da Fundación Anade para persoas con diversidade funcional e obtivo en 2008 un dos premios de Teatro Radiofónico da Radio Galega, organizado polo programa Diario Cultural, coa obra Saltimbanqui.



Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]