Dous libros galegos aparecen este ano no catálogo coñecido como os White Ravens, porque as obras que o compoñen se consideran tan extraordinarios coma un corvo branco.
- Ninguén coma min, un álbum de Ignacio Chao, con ilustracións de Eva Sánchez, publicado por Kalandraka na colección Maremar.
- santoamaro de Antonio Manuel Fraga Allegue, publicado por Edicións Xerais de Galicia na colección Fóra de Xogo e Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2020.
Cada ano 20 especialistas en literatura infantil e xuvenil seleccióna as obras coas que a Internationale Jugendbibliothek (Biblioteca Xuvenil Internacional) elabora un catálogo con 200 títulos, publicados no ano anterior, procedentes de 56 países e escritos en 38 linguas diferentes, que merecen ser destacados polas súas características (temática, innovación artística, estilo literario, deseño…)
Esta é, xunto coa Listaxe de Honra do IBBY, unha das distincións máis importantes da literatura infantil e xuvenil.
ACCESO AO CATÁLOGO |
0 comentarios:
[Comentario blog]