Carvalho Calero e a LIX

Publicado por GÁLIX | 16.5.20 Deixa un comentario
Cartel do Día das Letras Galegas 2020. Representa ao autor Ricardo Carvalho Calero
Ao longo desta semana, a compañeira Tamara Andrés veu publicando nas redes sociais de GÁLIX (Facebook, Twitter e Instagram) unha serie de pílulas informativas que dan conta das publicacións sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero, no marco da literatura infantoxuvenil:

✒ ️ Héctor Cajaraville asina 'Ricardo Carvalho Calero. A pegada do
compromiso' (Xerais), un libro onde as crianzas se poden achegar dun xeito ben ameno á vida e mais á obra do autor. Na páxina da editorial podedes atopar, ademais, unha ficha de lectura coa que traballar na casa.
https://www.xerais.gal/libro.php?id=6090285&fbclid=IwAR2IVm8rSjLnHieOnWwIfhOftTGl6PAD4BM_f1yWnuEbzwEn4AfiddwT7eM


✒ ️ Edicións Embora deu ao prelo en formato libro 'As pitas baixo a
choiva', un relato breve que Carvalho Calero publicou orixinalmente na revista Lar no ano 1952 no que narra un feito anecdótico da súa infancia.
O relato pode lerse en versión dixital nunha páxina web que tamén
aloxa un proxecto educativo arredor da obra.
http://aspitas.gal/?fbclid=IwAR1_fdHhDuX2_Z84TjwV4-MarbrXtvxdSKaWMi5Zyiq5XT-whn1OaO3Im_Q  

 ✒ ️ Na colección de banda deseñada para divertirse aprendendo, Lela Edicións publicou unha pequena biografía de Ricardo Carvalho Calero con textos de Polo correo do vento e ilustracións de Miguel Pérez Ramudo.
https://lelaedicions.blogspot.com/p/banda-desenada.html?fbclid=IwAR1jDWaEtew6L84Zh3kAxH2Flq8jLlseCGkrEVeX_YsF4jtE6nBQAoxWzaY

✒ ️ No catálogo de Hércules de Ediciones atopamos 'De Carballo Calero a
Carvalho Calero. Biografía, escolma de textos, guías de lectura, actividades e xogos', un libro ideal sobre o autor das Letras Galegas 2020 para traballar co público xuvenil.
https://www.herculesediciones.com/gl/libro/de-carballo-calero-a-carvalho-calero/?fbclid=IwAR0SKPhT_gVXBHsa4fYsqBrKRJO4lY-crQDIKpq9YklujMjROTiOgLKLyyo

✒ ️ Desde Auga Editora achegan o poético 'Carvalho Calero fronte ao
espello da memoria', un libro de Alberto Ramos ilustrado por Antonio Seijas no que se fai un percorrido pola xeira vital e intelectual do autor.
https://augaeditora.gal/publicacion/carvalho-calero-fronte-ao-espello-da-memoria/?fbclid=IwAR2A04nb-kMvQzijrv0PeYzEnnfFOUiN7XnWViznbgE-s2NcyEG-W_bz3Vw


✒ ️ A editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de
Política Lingüística, publica no Portal da Lingua Galega un novo volume da colección dos Bolechas 'As miñas primeiras Letras Galegas' dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
https://www.lingua.gal/c/portal/layout?p_l_id=1639665&content=letras-galegas%2F2020%2Fcontido_0011.html&fbclid=IwAR171t2Gud0arJPRyzHYnE9UCTIdGPJiG1Qh4W-ABdUmZF0ru9AvahyUvrs


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]