Con
motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX)
convocou o concurso de lectura poética "Un poema na túa voz"
para animar ás crianzas a ler e desfrutar da poesía en galego no
seu tempo de lecer.
Celebramos
o éxito da convocatoria, nestes tempos de confinamento, dado que
contamos con máis de 100 participantes nas categorías de: Lectorado
Incial (1º, 2º e 3º de Educación Primaria), Lectorado Avanzado
(4º, 5º e 6º de EP) e Superlectorado (1º e 2º de ESO).
Tal
como se contemplaba nas bases da convocatoria, a entrega dos audios
tiña que ser telemática, a través das bibliotecas públicas e
escolares e as librerías. Logo
de
que se decretasen as medidas de
confinamento,
modificáronse as bases para facilitar a participación dende a casa.
Cómpre salientar o labor das bibliotecas públicas e escolares que
animaron na súas redes á participación neste concurso e
facilitárona poñendo os seus medios dixitais ó servizo das
crianzas,
Queremos
publicamente agradecer a alta participación no concurso, mesmo na
situación actual, e as mensaxes de ánimo e agradecemento que
recibimos no correo e nas redes.
Daremos
conta da resolución do concurso nas redes sociais de Gálix e
organizaremos o acto de entrega dos premios en canto nos sexa
posible.
0 comentarios:
[Comentario blog]