No Barómetro de Hábitos de Lectura y Compra de Libros 2018, que vén de publicar a Federación de Gremios de Editores de España recolle a evolución lectora dos últimos seis anos.
Detéctase unha mellora en relación á lectura frecuente que abrangue ao 85% de todos os lectores de libros. Obsérvase un crecemento na compra de libro infantil e xuvenil e de libro práctico e as compras de libros fanse maioritariamente nas librerías tradicionais.
Interesa destacar que un 44,5% das persoas lectoras adoita ler en dúas ou máis linguas (o 21,3% en inglés, o 20,3% en catalán/valenciano e o 4,2% en francés). El 92,4% da poboación ten como idioma de lectura o castelán. A lectura en inglés e francés está por riba da lectura en galego.
Destácase, si, que o 80 % dos rapaces e rapazas de entre 10 e 14 anos len libros no seu tempo de ocio, e son estes lectores entre 10 e 14 anos os que máis utilizan a biblioteca.
E a franxa de entre 14 e 24 constitúe o sector de poboación máis lectora. Logo dos 25 anos abandónase gradualmente a lectura, aínda que as mulleres retoman o hábito máis aló dos 35 anos.
- Cultura Galega, que analiza este informe na entrada de 24 de xaneiro de 2019.
- Raquel C. Pico publica en Disquecol (24/01/2019) o artigo Así son os lectores galegos.
- Manuel Bragado analiza tamén este informe en Faro de Vigo (05/02/2019) O estado da lectura
- Infografía da FGSR, http://fundaciongsr.org/wp-content/uploads/2019/02/Lectores-frecuentes.pdf
0 comentarios:
[Comentario blog]