Concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner

Publicado por GÁLIX | 12.2.19 Deixa un comentario

http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/libro/mc/observatoriolect/destacados/2018/junio/lectura-lectores/mariamoliner-convo2018.html
O concurso de proyectos de animación a la lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes, ten como obxectivo incentivar a realización de proxectos de animación á lectura, especialmente entre nenos e xoves e proxectos de inclusión social realizados por bibliotecas públicas de concellos con menos de 50.000 habitantes.
PROXECTOS DE BIBLIOTECAS GALEGAS
Presentáronse proxectos 27 proxectos de bibliotecas galegas, dos que 14 recibiron subvención.

A Coruña:
  • BPM Rego de Balsa de Carballo co proxecto #Biblionízate con visitas guiadas, contacontos, concertos, libros, recitais, obradoiros .
  • BPM Central Rialeda de Oleiros, co proxecto Tod@s junt@s - Tod@s xunt@s
  • BPM de Ortigueira, obradoiros, contacontos, conferencias, presentacións de libros, concursos, liberación de libros, visitas guiadas, biblioplaza co obxectivo de chegar a todos os segmentos da poboación.
Lugo:
  • BPM de O Saviñao gañou a subvención presentando a Programación da biblioteca municipal do Saviñao 2018.
  • BPM de Sober presentou o proxecto Sober coa lectura 2018
  • BPM de Xermade, Pasen y lean: Atrévete con los libros
Ourense:
  • BPM de Esgos, con Letura e moito máis, un proxecto que inclúe todas as actividades do ano: celebracións (día da muller, día das Letras Galegas, día do libro...), obradoiros, contacontos.
  • BPM de Pereiro de Aguiar, Leer es un buen plan 2018, enfocado prioritariamente a rapaces , pero que tamén inclúe aos maiores, fundamentalmente con respecto ás tecnoloxías.
  • BPM de Ribadavia, cun proxecto sobre igualdade de xénero, La lectura para educar en igualdad de género
  • BPM de Verín presentou un proxecto sobre voluntariado cultural, Voluntariado Cultural para a animación á Lectura que empezou a súa andaina no verán do 2009, manténdose no tempo, ata a data actual.
Pontevedra:
  • BPM de O Grove, co proxecto Yo voy con mi biblioteca. Un largo camino por recorrer.
  • BPM de Pazos de Borbén, presentou o proxecto Mujeres, ciencia, patrimonio y tradició
  • BPM de O Porriño presentou A túa biblioteca e + 2018, un proxecto con alfabetización dixital, teatro, contacontos...
  • BPM de Redondela, o seu proxecto conmemora o 50 aniversario das Bibliotecas Municipais de Redondela.



Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]