Chega agosto e con el un merecido descanso. Sempre nos queda esa espiniña de non poder compartir novidades e novas deste mes estival, pero o repouso reclámanos! Volvemos en setembro con azos renovados.
Mentres tanto, aquí tedes as últimas novas que nos quedaron por compartir con vós.
Feliz verán!
- Patricia Mallo é a gañadora do I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro coa obra "Os Fantom"
- Xa está aberto o prazo para participar no V Premio Internacional de Álbum Infantil Ilustrado "Ciutat de Benicarló". Velaquí tes as bases.
- LaVoz recolle unha nova divertida sobre a escritora Ledicia Costas, podes lela aquí.
- Xa está dipoñible o boletín nº. 36 de Iberlectura, podes consultalo aquí.
- Na XI Xornada dos Clubs de Lectura, Freddy Gonçalves da Silva ofreceu esta interesante conferencia sobre lectura e adolescentes.
0 comentarios:
[Comentario blog]