Recomendamos: Caderno de lúas, de María Canosa.

En medio deste caderno de lúas, a modo de diario, a nena deixará plasmados tamén os seus pensamentos, os seus desexos, a súa curiosidade e sobre todo o seu amor e complicidade co seu avó.
María Canosa ofrécenos de novo unha fermosa historia cunha nena como protagonista, unha nena movida pola súa curiosidade, ganas de coñecer o mundo ca rodea e loitar para converterse cando sexa maior no que ela queira, xa sexa xornalista, astronauta ou a “primeira observadora de lúas”. Neste libro tamén atopamos outro tema recorrente para a escritora que é a relación da nena co seu avó, na que este vínculo interxeneracional serve como fonte de sabedoría e procura de diversión sendo aliados incondicionais.
O texto vai acompañado polo interesante traballo de Dani Padrón, que xa acompañara a María Canosa en varias ocasións. Neste libro Padrón adopta dous estilos, por unha banda temos unhas fermosa ilustracións fieis ao seu orixinal xeito de traballar que apoia o relato. E por outra banda, recrea as páxina deste caderno infantil, cos texto escritos e cos debuxos que a nena vai realizando co seu lapis azul durante o verán.
0 comentarios:
[Comentario blog]