Quedáronnos sobre a mesa unhas cantas novas do mes de xuño, velaquí as tedes nunha pequena compilación:
- A Feira do Libro de Xixón premia a Óscar López de Página 2 co I Premio de Fomento da Lectura.
- Coñecimos a obra gañadora do XI Premio Compostela organizado por Kalandraka, Cándido y los demás (toda a información aquí).
- Antía Yáñez e Sabela Losada fixéronse co I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade convocado por Baía Edicións. Outras novas aquí e aquí.
- O mono do asasino, de Jakob Wegelius, traducido a galego e castelán por Sushi Books, recibiu o Premio Llibreter 2018 ao mellor libro de LIX de outras literaturas.
- Radio Balea, a emisora do CEIP Milladoiro de Malpica, un dos 20 centros integrados no programa Radio na Biblio, entrevistou a Antonio García Teijeiro. Consulta a entrevista e o resto de podcasts na súa web aquí.
- No mes de novembro celebrarase en Tenerife o XII Encontro e Mostra Internacional de Experiencias de Animación Lectora, Bibliotecarias e Artísticas, organizado por SOCAEAN. A inscrición está xa aberta.
- Coñecimos os 20 libros gañadores do Premio Fundación Cuatrogatos 2018. Podes ver aquí todo o folleto que inclúe unha morea de recomendacións.
0 comentarios:
[Comentario blog]