Marilar Aleixandre gaña o Premio Raíña Lupa

Publicado por GÁLIX | 23.11.17 Deixa un comentario
Foto: Distrito Xermar
Marilar Aleixandre convertiuse estes días na primeira muller en gañar o Premio Raíña Lupa, da área de Cultura da Deputación da Coruña, ao se facer co galardón grazas á novela A filla do Minotauro.
Máis información na web da Deputación da Coruña
A obra, titulada A filla do Minotauro e presentada co lema Siracusa, relata unha historia de aventuras sobre unha organización clandestina creada para salvar obras de arte. O xurado destaca "a mestura de tempos históricos" da novela e a súa "relectura moi actual da mitoloxía grega cunha gran sensibilidade co patrimonio cultural". O xurado destacou a "calidade literaria da obra" nunha convocatoria cun "alto nivel das obras publicadas".

O xurado decide seleccionar como finalista a obra Como bágoas de dragón da escritora Andrea Maceiras e recomenda a súa publicación. 

Nesta edición presentáronse ao concurso un total de 48 obras, case o dobre do pasado ano, no que foron 27 as que concorreron ao galardón. A gañadora recibirá 6.500 € do premio máis a publicación da obra.

En edicións anteriores, gañaron o premio Raíña Lupa os escritores Héctor Cajaraville, Xesús Fraga, Marcos Calveiro, Carlos López, Antonio Yáñez, Breogán Riveiro, Xosé A. Neira Cruz, Antonio Reigosa, Mario Pereira e Agustín Fernández Paz.


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]