Xornadas GÁLIX - Desfacendo a raia II

Publicado por GÁLIX | 27.11.17 Deixa un comentario

Mañá, 28 de novembro, celebramos un novo acto propio: a segunda edición das Xornadas Desfacendo a raia.

As xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, terán lugar no salón de actos da facultade de Cinencias da Educación ás 10:50.

As II Xornadas Desfacendo a raia de GÁLIX propóñense unha nova meta: axudar a facer visible a literatura feita por mulleres. O ano pasado, nas primeiras xornadas, o obxectivo era dar a coñecer entre os galegos a LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) portuguesa e a galega en Portugal. A elección de María Victoria Moreno como a escritora do Día das Letras 2018 vai ser unha dobre oportunidade para poñer en valor a literatura escrita por mulleres e romper cos prexuízos sobre a LIX como unha literatura menor.

Así as II Xornadas Desfacendo a raia inclúe o Encontro María Victoria Moreno: “Unha mestra que sabía ler nos ollos dos Cachorros”. No que van participar a escritora e académica Fina Casalderrey, o ilustrador Manuel Uhía e o escritor e presidente de Gálix Xosé Antonio Perozo.  Ademáis a profesora e escritora Susana Sánchez Aríns levará as Xornadas un relatorio sobre Muller e Memoria.

Máis información no cartel do evento (fai clic para amplialo)

As II Xornadas Desfacendo a raia son abertas a todo o público ata encher o aforo.

Edición 29/11/2017: Nova aquí, aquí e fotos das xornadas a seguir:





Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]