O 14 de novembro celebramos en Vigo as Xornadas profesionais GÁLIX, un intercambio de experiencias entre profesionais da creación e das bibliotecas.
Estas xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, tiveron lugar no salón de actos da facultade de Filoloxía e Tradución e nelas presenciamos unha interesante conversa entre autoras, bibliotecarias e editoras sobre a utilidade do catálogo e sobre os puntos fortes e en común das nosas actividades en defensa da LIX.
Máis información no cartel do evento (fai clic para amplialo) e aquíVideos das Xornadas por cortesía de UvigoTV
0 comentarios:
[Comentario blog]