David Otero, Chairego de Honra

Publicado por | 2.11.15 Deixa un comentario

Comprácenos compartir con vós a nova do nomeamento por parte da Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos do compañeiro e socio David Otero como Chairego de Honra.

O acto terá lugar o 7 novembro e nel recoñecerase a labor de espallador das esencias da Terra Cha por todas as comarcas do país. O evento comezará ás 12 na Casa da Cultura de Vilalba e na mesa redonda intervirán Helena Villar, Xoán C. Garrido, Heitor Picallo, Mini e Mero, Xabier P. Docampo, Alfonso Blanco e Xulio Xiz.

Noraboa, David.


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]