Mañá, 5 de novembro, ás 18:30h, Teresa Barro, autora da tradución ao galego de Alicia no país das marabillas, conversará con Ramón Nicolás, con quen abordará o delicado proceso de tradución, cando se cumpren 150 anos da publicación do libro orixinal e 30 da tradución ao galego.
A tradución ao galego de Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll, feita por Teresa Barro e Fernando Pérez-Barreiro está publicada na colección Xabaril de Ouro. A tradución mereceu, en 1984, o Premio Nacional de Tradución de literatura infantil.
(Cidade da Cultura de Galicia)
0 comentarios:
[Comentario blog]