Premio Lazarillo 2015 de álbum ilustrado para Maite Gurrutxaga e Alaine Agirre
Publicado por GÁLIX | 5.11.15
Deixa un comentario
O 21 de outubro fallouse o Premio Lazarillo 2015 na modalidade de Álbum Ilustrado, convocado pola OEPLI, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
O xurado, composto por Reina Duarte, como Presidenta da OEPLI, Margarida Mateu, Sara Moreno, Xosé Perozo e Concetta Probenza, en representación das seccións territoriais da OEPLI, seleccionou como gañadora a obra MARTÍN entre os 51 proxectos presentados, destacando de forma unánime a harmonía entre texto e ilustración, a expresividade dos personaxes e a sensibilidade que transmite, facendo unha homenaxe á diferenza e á inocencia.
Descubre máis sobre Maite Gurrutxaga e Alaine Agirre Garmendia na web da OEPLI ou nesta nova da Revista Babar.
0 comentarios:
[Comentario blog]