O Día da Biblioteca en Muxía

Publicado por GÁLIX | 29.10.15 Deixa un comentario

O 24 de outubro, no Día Internacional da Biblioteca, a Biblioteca Municipal de Muxía contou coa presenza da socia e amiga Concha Blanco, que ofreceu a charla Muller-Educación, binomio fantástico, presentada por Purificación Lema, concelleira de cultura.

Velaquí o que nos contan dende Muxía sobre o evento:

Foi una charla moi didáctica que puxo de relevo a grande importancia que ten a educación na loita pola igualdade de oportunidades, e tamén como foron moitas mulleres as que conseguiron que esa educación e a formación foran accesibles ás mulleres.Un percorrido pola vida e a aportación de grandes mulleres loitadoras a prol desta formación e camiño cara á igualdade, dende Rosalía a Concepcióna Arenal e Pardo Bazán,- e os esforzos que elas mesmas tiveron que sofrir para poder acceder a una educación , e a discriminación que non foi quen de calalas- levou á autora ata as mulleres anónimas que fixeron camiño para que hoxe poidamos ser formadas .Moitas mulleres humildes , entre as que non faltou a homenaxe á propia nai, que se esforzaron para que as súas fillas puideran ter una educación que sentara base para seren mulleres libres. Aínda que quede,a día de hoxe, en igualdade real moito camiño por percorrer.
Falou tamén Concha das mulleres como transmisoras da literatura oral e analizou, logo,  as normativas de réxime interno de centros de educación, como marcaban no pasado grandes diferencias entre homes e mulleres e como mesmo eran silenciadas as ideas das educadoras.
Rematou a charla cun fermoso conto sobre a muller e a emigración, sobre as viúvas de vivos - e as fillas desas mulleres- que aguantaron da casa, a familia, do país…soas. Unha charla moi amena e didáctica, moi recomendábel tanto para centros de ensino, como para público en xeral.
Grazas, Concha
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]