Biblioteca escolar, base de exploracións

Publicado por GÁLIX | 6.10.15 Deixa un comentario
"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema escollido para a campaña de este curso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A túa biblioteca pode ser todo un mundo novo que explorar: nela hai moito que aprender sobre o mundo real pero tamén sobre mundos imaxinarios!

Este magnífico cartel é obra do ilustrador e autor de cómic Fran Bueno. Pronto, as bibliotecas escolares terán máis información e ideas de como axudarche a explorar os seus andeis.

Anímaste? Que nos recomendas da túa biblioteca?


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]