Onte sóubose que o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ía para Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas.
Unha moi boa nova para a autora e a editorial Xerais, mais tamén para a nosa LIX, que conta xa con cinco títulos gañadores deste galardón.O premio súmase aos moitos conseguidos por esta obra divertida, engaiolante, comezando polo Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, ademais do Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil e o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil e Mellor Portada de LIX (Víctor Rivas).
Parabéns, Ledicia!
Máis información:
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
Blog de Xerais
Revista Criaturas








0 comentarios:
[Comentario blog]