Lembrámosvos que os próximos días 19 e 26 de outubro e 3 e 9 de novembro, terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo as Xornadas: Literatura infantil e xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade.
As sesións, que comezarán todas ás 17 horas, terán lugar na aula 1.5 da Facultade de Ciencias da Educación e contarán cos seguintes temas e poñentes:
19 de outubro «A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero»
Xabier P. Docampo ( mestre e escritor) Antonio Reigosa (escritor e estudoso da tradición oral) Carmen Ferreira Boo ( experta en literatura de tradición oral)
26 de outubro «A literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras»
Fina Casalderrey ( mestra e escritora) Helena Villar Janeiro (mestra e escritora)
3 de novembro «Oralidade e dramaturxia infantil. Das nais ás mestras»
Paula Carballeira ( contacontos, actriz e escritora)
9 de novembro «A poesía infantil. Música dende o colo materno»
Antonio García Teijeiro ( mestre e poeta)
0 comentarios:
[Comentario blog]