Pablo Nogueira gaña o Premio Arume de Poesía para a Infancia 2023.

Publicado por GÁLIX | 2.12.23 Deixa un comentario

 

A obra Versos (a) variados do escritor Pablo Nogueira resultou gañadora do Premio Arume de Poesía para a Infancia convocado pola Fundación Neira Vilas en colaboración con GÁLIX.


O xurado composto polo presidente de Gálix, David Cortizo Conde, e Rosalía Morlán e Pilar Sampedro como representantes da Fundación Neira Vilas, valorou na obra de Pablo Nogueira "a creatividade no uso e dominio do rexistro musical, o emprego de múltiples recursos lingüísticos e literarios que, como se dun xogo se tratara."

O libro será publicado, como os anteriores, pola editorial Embora.

O certame de poesía conta co patrocinio de Deleite, unha empresa comprometida coa lingua e coa cultura do país.

 

 

 

 

 



Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]