Xa está dispoñible o catálogo que elabora GÁLIX cos títulos de literatura infantil e xuvenil en galego publicados en Galicia durante o 2024.
A ilustración de portada deste ano é da autoría de Luz Beloso que quixo deixar nela unha agarimosa lembranza do finado Bernardino Graña a quen tanto debe a nosa LIX.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), coeditan esta publicación trilingüe para dar a coñecer na Feira Internacional do Libro de Boloña as novidades editoriais galegas dirixidas ao público máis novo.
Con estas dúas publicacións anuais, que estarán abertas e descargables permanentemente no blog, pretendemos recoller a totalidade da literatura de ficción e non ficción en galego para o lectorado infantil e xuvenil.
Lembra que podes acceder a este e os catálogos anteriores na páxina de recursos, na sección Catálogos, guías e recursos online, ao final da páxina e no taboleiro correspondente de Catálogos GÁLIX do noso Pínterest.
0 comentarios:
[Comentario blog]