Co obxectivo de dar cobertura a unha carencia de certames de textos dramáticos para os nenos e nenas, a Fundación Xosé Neira Vilas convoca a terceira edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Para pezas dramáticas inéditas escritas en lingua galega.
Que estean destinadas a un público infantil.
Cunha extensión máxima de 30.000 caracteres.
O premio ten unha dotación de 1.000 €
O prazo estará aberto ata o 15 de abril de 2023.
A entrega do premio farase o 25 de maio.
A obra premiada será publicada por Edicións Embora.
0 comentarios:
[Comentario blog]