A Fundación Rosalía de Castro centraliza boa parte dos actos institucionais que se celebrarán mañá venres, 23 de febreiro na Casa de Rosalía, cunha degustación do Caldo de Gloria e un concerto de Faia Díaz; en Padrón e en Santiago de Compostela.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora o aniversario do nacemento da autora nun acto que se celebrará o sábado 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. Na cerimonia darase lectura ao Manifesto redactado, nesta edición, por Carlos Callón
A efeméride celébrase en todos os centros de ensino, en todos os concellos de Galicia e moitas institucións no exterior.
0 comentarios:
[Comentario blog]