A LIX fronte aos novos formatos de lectura. Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia XII

Publicado por GÁLIX | 12.2.24 Deixa un comentario

O pasado mes de xaneiro celebramos as XII Xornadas GÁLIX que, nesta ocasión, versaron sobre novos formatos de lectura en galego

Podedes ver os vídeos das tres sesións na nosa canle de YouTube:


Toda cultura normalizada precisa libros accesibles para os diferentes niveis de lectura, con información contextualizada, veraz e útil en soportes e formatos actualizados no idioma propio

As nenas e nenos son, por propia iniciativa, lectoras e lectores en calquera formato que responda aos seus intereses e á súa curiosidade. En moitos casos precisan de formatos diferentes que lles permitan acceder en condicións de igualdade á cultura, á información e ao coñecemento. O idioma no que reciban esta información será no que constrúan a súa interpretación.

É a nosa responsabilidade, como mediadores e produtores de libros promover que a lingua galega estea presente e normalizada en calquera formato.

Respondendo a estas necesidades detectadas, os días 15, 22 e 29 de xaneiro de 2024 organizamos, no Salón de actos do Consello da Cultura Galega de Santiago de Compostela, esta actividade que conta coa axuda do Ministerio de Cultura e a OEPLI.

No peche destas Xornadas, David Cortizo Conde, presidente de GÁLIX, anunciou a celebración das seguintes que terán como tema central o humor na LIX.

 

 

 

 

 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]