A obra de Xabier P. Docampo Cando petan na porta pola noite, foi seleccionada entre os Libros Extraordinarios do Festival Internacional de Literatura de Berlín 2022.
Recollendo unha proposta de Paula Carballeira, incorporouse este libro, formado por catro contos de misterio, á selección de Libros Extraordinarios destacando que é unha "obra excepcional que deberían ler todos os nenos e nenas adolescentes"; unha obra local e universal que fala da escuridade, do frío, do medo e de historias contadas na noite a carón do lume.
Xabier P. Docampo, que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en 1995 polo texto mencionado, foi un autor prolífico que recibiu numerosos premios; as súas obras traducíronse a diversas linguas. Xabier era un gran narrador, implicado na promoción e normalización da lingua galega.
0 comentarios:
[Comentario blog]