MAIO
2021
Recomendamos: Unha estrela para Amina de Celia Díaz Núñez.
Amina,
unha nena soñadora, mais tamén triste, é a protagonista
desta peza teatral de Celia Díaz, que vén avalada por ter recibido
o Premio O Facho de Teatro en 2019.
O espazo escénico amósanos un campamento de refuxiados nunha noite estrelada, onde Amina, incapaz de durmir ou quizais soñando, imaxina fermosas historias. Unha pantalla, ao fondo da escena, axúdalle ao público a entrar na mente de Amina e faino partícipe dos seus desexos e dos seus medos. Completan a peza as cancións tiradas do folclore de distintos países que as protagonistas cantan e bailan e que nos fan lembrar que Amina é unha nena.
Este libro encantoume porque é unha historia tenra ao mesmo tempo que dura, e obríganos a ver unha realidade que preferimos ignorar, como se non fose con nós.
Raquel Castro
______________________________
GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.
0 comentarios:
[Comentario blog]