Na entrega dos Premios Lazarillo 2020 anunciouse aconvocatoria da edición 2021 nas modalidades de “Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado” e “Creación literaria”
Este certame de Literatura Infantil e Xuvenil, o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo, ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado.
Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado:
- Para obras orixinais e inéditas.
- Destinadas ao público infantil ou xuvenil.
- Formato máximo, DIN A-2.
- Extensión máxima de 32 páxinas.
- Cunha dotación de 6.000€
- O prazo de entrega remata o 30 de novembro de 2021.
Creación literaria:
- Para obras orixinais e inéditas.
- Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.
- En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)
- Destinadas ao lectorado xuvenil, a partir de 12 anos.
- O premio ten unha dotación de 6000€.
- O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2021.
0 comentarios:
[Comentario blog]