A Xanela de GÁLIX. María Xesús Fernández

Publicado por GÁLIX | 15.5.21 Deixa un comentario

MARÍA JESÚS FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ (A Coruña, 1950)

 Mestra xubilada.

 Foi coordinadora do grupo Seminario Papeles de Literatura infantil, equipo de mestres e mestras responsables da redacción da revista especializada, pioneira en Galicia, Papeles de Literatura Infantil,  e da organización dos Salóns do Libro Infantil e Xuvenil celebrados na cidade de A Coruña.

Como representante dese seminario foi chamada a participar na creación de GÁLIX (sección galega de IBBY), asociación na que formou parte da Directiva como Vocal e como Vicepresidenta.

Foi representante de Gálix na Red de Selección, equipo de estudio e traballo formado por expertos en LIX e patrocinado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

No ano 2019 foi nomeada Socia de Honra de Gálix.

 Colabora habitualmente na revista CLIJ (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil)  

Tamén colabora ocasionalmente noutras revistas especializadas como Fadamorgana (desaparecida), Revista Galega de Educación, Peonza, Babar, Platero, Grial. Formou parte do Consello de Redacción da desaparecida revista dixital Criaturas.

Foi colaboradora do programa da TVG Libro aberto.

Polo seu traballo como crítica literaria recibiu o Premio Merlín 2004 á Cooperación no labor editorial.

 Colaboradora dos Centros de Formación e Recursos da Consellería de Educación de Galicia actuando como poñente  en cursos e actividades relacionadas coa Literatura Infantil e Xuvenil e a formación do hábito lector.

Coautora de Picariños,  primeiro método de lecto-escritura en lingua galega, coeditado por Edit. Casals (Barcelona) e Edit. Galaxia (Vigo), en 1975.

Membro do equipo responsable da elaboración dos materiais de Lingua Galega e Lingua Castelá  do CEGEBAD (Centro Galego de Ensino Básico a Distancia).

 Comisaria da exposición de ilustración Ilustrando Galicia (2016-2017), promovida polo Concello de A Coruña e celebrada nesa cidade no ano 2018.

 Como tradutora leva traducidos ata o momento os seguintes libros dende o galego ao castelán:

  • El estanque de los patos pobres. Rodeira-Edebé, Barcelona, 1996.  Fina Casalderrey, Premio Edebé de Literatura Infantil, 1996.
  • El misterio de los hijos de Lúa. Edit. SM, Madrid, 1997. Fina Casalderrey. Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1996.
  • Romería de desventuras. Rodeira –Edebé, Barcelona, 1997.  Pepe Carballude 
  • ¿Sobrevives?. Edit. SM, Madrid, 1998.  Fina Casalderrey
  • Nolo y los ladrones de leña. Edit. SM, Madrid, 1998. Fina Casalderrey
  • Ríonegro. Rodeira-Edebé, Barcelona, 1998. Fina Casalderrey
  • El misterio del cementerio viejo. Edit. SM, Madrid, 2000.Fina Casalderrey,
  • Unha manchea de bicos. Xerais, Vigo, 2001. Antonia Rodenas
  • La casa de la luz. Anaya, Madrid, 2002. Xabier P. Docampo
  • Peligro vegetal. Anaya, Madrid, 2003. Ramón Caride, Premio Merlín 1995.
  • La escuela de los piratas, Rodeira-Edebé, Barcelona, 2005. Agustín Fernández Paz  Premio Edebé de Literatura Infantil 2005.
  • El capitán de la bahía. Editorial Edebé. Daniel Ameixeiro
  • Estambul y el caballo de oro. Editorial Everest. León (2008). Francisco Fernández Naval.
  • Salitre. Edit. Anaya, Madrid, 2008.  Jaureguízar
  • El futuro robado. Aventuras de Said y Sheila. Edit. Anaya, Madrid, 2007. Ramón Caride
  • El libro de los viajes imaginarios. Edit. Anaya, Madrid, 2008.  Xabier P. Docampo
  • Amancio Amigo y el Brujo de Salamanca. Edit. Anaya, Madrid, 2008.  Xosé Miranda
  • Una costura en el tiempo. Edit. Oxford, Madrid, 2010.  Xosé Antonio Neira Cruz
  • El misterio de las campanadas. Edit. Anaya, Madrid, 2012. Xabier P. Docampo
  • La senda de las hormigas. Edit. Anaya, Madrid, 2016. Marcos Calveiro
  • Las brujas de la Reina Lupa. Edit. Anaya, Madrid, 2016. María Solar
  • Los niños de la viruela. Edit. Anaya, Madrid, 2017.María Solar
  • ¡Cómo cambia el cuento! Edit. Anaya, Madrid, (2017). Carlos López
  • El corazón de Júpiter. Edit. Anaya, Madrid,(2018).Ledicia Costas
  • Poemar el mar. Edit. Anaya, Madrid, 2018.Antonio García Teijeiro  . Premio Nacional de Literatura Infantil. 
  • Cuenta nueve estrellas. Edit. Anaya, Madrid 2019. Andrea Maceiras . Premio Lazarillo, 2019.
  • Quokka Moka. Edit. Anaya, Madrid ,2019. María Solar
  • Dijo el ratón a la luna…. Edit. Anaya, Madrid.  2020.  Antonio García Teijeiro

ACCESO

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]