Audiocontos de medo

Publicado por GÁLIX | 15.6.20 Deixa un comentario
Incorporamos ao noso padlet Recursos con moita LIX para ficar na casa, a canle de YouTube Audiocontos de medo, iniciativa do compañeiro Manuel Figueiras, profesor experto en Literatura Infantil e Xuvenil galega, que foi presidente de GÁLIX e responsable, durante anos de BLIX, Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil, unha páxina de información sobre a literatura infantil e xuvenil galega que contaba coa colaboración de GÁLIX e a Biblioteca Nova 33.
 
Benvida sexa esta proposta e agardamos que outras persoas sigan este exemplo para ocupar o espazo de audiolibros en galego, tan escaso como necesario.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]