Resolución do concurso UN POEMA NA TÚA VOZ

Publicado por GÁLIX | 2.6.20 1 comentario
Comunicamos hoxe a resolución do concurso de lectura poética "Un poema na túa voz", convocado por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil, para animar ás crianzas a ler e desfrutar da poesía en galego no seu tempo de lecer.
Congratulámonos do éxito de participación da convocatoria que contou con máis de 100 poemas gravados nas voces de rapazas e rapaces das catro provincias galegas.
Aínda que moita rapazada mandou as súas gravacións dende a casa, temos que agradecer o labor das bibliotecas públicas e escolares e das librerías que animaron e facilitaron a participación no concurso, poñendo os seus medios dixitais ó servizo das crianzas

PARABÉNS ÁS PREMIADAS, PREMIADOS E FINALISTAS!
O NOSO AGRADECEMENTO A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES! 

LECTORADO INICIAL
GAÑADORA
  • Paula Cañas Freire, lectura do poema Cantarolas dos nenos,  do libro Cantarolas de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas. CEIP Eusebio da Guarda A Coruña.
FINALISTAS:
  • Carla Vieira Rivas, O cuco, CEIP Plurilingüe Santa Rita, Lugo
  • Valentina Estévez Cordero, Chovendo a mares. CEIP Leirado, Pontevedra.
  • Paula Pérez Díaz, Polbo. CPR Jorge Juan. A Coruña
LECTORADO AVANZADO
GAÑADORA
  • Mencía Domínguez Iglesias, pola lectura do poema O meu cuarto, do libro As rúas do vento ceibe de Manuel María- CEIP de Ventín, Ames.
FINALISTAS
  • Adrián Prados Blanco, O carro
  • Esther Alonso Rodríguez, A historia da lingua da fraga. Libraría Miranda. Pontevedra
  • Brais Fernández Fernández, A fala.
     
SUPERLECTORADO
GAÑADOR
  • Bruno Rodríguez Docobo pola lectura do poema O mar, do libro O meu gato é un poeta de Fran Alonso.



FINALISTAS:
  • Roque Pazos Fuentes, Teño un amigo que dorme. IES Sánchez Cantón, Pontevedra.
  • Adam Amir Khattabi, Amizade. IES Sánchez Cantón, Pontevedra
  • Xavier González Freire, Canto ao idioma galego, Manuel María. IES Breamo, A Coruña.
A entrega de premios celebrarase a comezos do vindeiro curso escolar, en data e lugar que se anunciarán cando as circunstancias nos permitan programar o evento.
Os materiais do concurso están dispoñibles na nosa canle de Ivoox GÁLIX, Un poema na túa voz.
Publicación máis recente Publicación máis antiga

1 comentario:

  1. Grazas por programar iniciativas tan motivadoras para a rapazada!!!

    ResponderEliminar

[Comentario blog]