IV Concurso “O ollo de vidro”

Publicado por GÁLIX | 14.3.19 Deixa un comentario
Recoméndoche un libro é unha canle en Youtube para a promoción da lectura que busca, ademais, a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
Colaboran neste proxecto:
  • Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas de Vigo
  • Equipo de Dinamización Lingüística do IES Castelao de Vigo
  • Equipo de Dinamización Lingüística do IES Pino Manso de O Porriño
  • Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo
  • Festival de Cans
Conta ademais coa colaboración de:
  • Asociación de Veciños do Calvario
  • Biblioteca Municipal de O Porriño.
Recoméndoche un libro vén de convocar o IV Concurso “O ollo de vidro” de traballos audiovisuais con recomendación de lecturas ou de animación á lectura. Premiaranse os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes na canle de Youtube.

Premio do público do III concurso,  Centro Ocupacional do CAD da Pobra do Caramiñal.
Os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa son fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información, aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se promove o uso do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
Neste concurso poderán participar todas aquelas persoas, entidades ou colectivos que o desexen enviando o seu vídeo ao correo electrónico recomendocheunlibro@gmail.com, xunto cun formulario de aceptación das bases. 
Os vídeos poden conter críticas literarias, booktrailers, bootubers ou calquera tipo de proxecto audiovisual dirixido á animación lectora, e poden tratar sobre calquera libro, tema, idioma e/ou soporte sempre que sexa unha copia legal. 
A súa duración non debe superar os 3 minutos.
Será requisito indispensable que o documento estea feito en galego, tendo en conta que un dos obxectivos da iniciativa é o de impulsar o seu emprego nas redes sociais.
 BASES DO CONCURSO
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]