Libros infantís e xuvenís de Galicia 2019 |
Catálogo GÁLIX 2019
Publicado por GÁLIX | 24.3.19
Deixa un comentario
O pasado venres 22 de marzo
ás 18:00 horas, na Biblioteca de Lugo, Anxo Lorenzo, director
xeral de Políticas Culturais e Xosé Antonio Perozo, presidente
de Galix, fixeron
a presentación do catálogo de Gálix: LIBROS INFANTÍS E XUVENÍS DE GALICIA 2019
Este
catálogo, elaborado por GÁLIX,
recolle as obras novas en galego publicadas durante o pasado ano.
A Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación
Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), coeditan esta
publicación trilingüe para dar a coñecer na Feira Internacional do
Libro de Boloña as novidades editoriais galegas dirixidas ao público
máis novo.
Tamén a OEPLI, vén de
publicar o catálogo xeral, LITERATURAINFANTIL Y JUVENIL DE
ESPAÑA. Selección OEPLI 2018,
elaborado en colaboración coas seccións territoriais: Gálix,
ClijCat, Galtzagorri Elkartea e Consejo General del Libro, e co apoio do Ministerio de Educación
Cultura y Deporte.
0 comentarios:
[Comentario blog]